miércoles, 10 de mayo de 2023

Viaxe ao pasado para mellorar o futuro

Realizarei unha viaxe ao pasado con unha máquina de teletransportación moi sofisticada, só terei unha oportunidade, así que terei que elexir unha situación na miña vida a cal lle queira transmitir ao meu "eu" do pasado algo que él non sería capaz de comprender ou pensar por sí mesmo. Sería unha pequena axuda de "un gran amigo".

Despois de un bon anaco pensando, decidín remontarme a un 12 de setembro, día no cal comenzaban as clases no CIFP Politécnico de Lugo para conseguir ser un técnico deportivo.

Uns días antes do primeiro día de clase, Matías, cos seus nervios característicos, non era capaz de pensar noutra cousa que non fora aquilo, por cousas boas e malas, porén nese momento reinaban as malas. Facíame preguntas como: Estarei agusto en Lugo? Estarei cómodo nas clases e cos novos compañeiros? 

 Por tanto, ao vir ao meu recordo todos eses pensamentos polos que pasei, o primeiro día de clase alí estaba eu, o Matías do pasado e do futuro xuntos, preparado para contarlle todo o que debería saber para así ter unha visión moito máis limpa e pura do que estaba apunto de comenzar ao decantarse por ese ciclo. Tiña que conseguir transmitirlle ao meu "eu" do pasado que iban a producirse moitos e importantes cambios na súa vida, moitos bos e algúns malos, pero todos eles precisos

Para empezar, comenceille a dicir que na clase na que ahora mismo estabamos ambos había xente marabillosa, que valía a pena coñecer e que che darían un coñecemento o cal por ti mesmo non serías capaz de alcanzar. Expreseille todos os meus sentimentos sobre toda a xente que nese momento estaba alí con nos; que si tardes tomando algo, que si viaxes, que si futbol...

Nese preciso momento, observei que algo nesa cara estaba a piqués de mudar, que esa persoa que non fai moito era eu comezaba a ter unha visión da situación diferente.

Deseguido, sen tempo para reaccionar, decidin falarlle do ciclo, no cal él decidiu entrar por unha serie de infortunios que acabarían tornando en acertados. Matías acabara Bacharelato con unha boa media, e decidira ir a selectividade, ca idea de meterse en un grao ou carreira, sen saber moi ben cal, porén sen resultar efectiva debido a que a nota non alcanzaba o casi 10 que pedían.

Por tanto Matías comenzaba os primeiros días de ciclo con unha mentalidade moi pouco adecuada para levar a cabo un cambio na sua vida, encontrábase desilusionado, decepcionado, derrotista... Esta é a mentalidade a cal eu quero mudar nel. 

Por ende e agora si, acometín a contarlle todas as experiencias que vivirá nos próximos 8-9 meses. Díxenlle que aunque o seu obxectivo non era este, que lle serviría como ponte para alcanzar o próximo obxetivo, e que nesa ponte encontrarase momentos e experiencias que en outro sitio non. As clases non estaban nada mal xa que ao ter unha parte teórica e outra máis ben práctica as clases afianzabas os conceptos e ideas na primeira parte e excutábalos na segunda. Ademáis os módulos estaban moi interconectados entre sí, pero sen chegar a sobreporse. En clase realizamos cousas que non collían no meu entendemento ao principio do curso: piscina, badminton, tenis de mesa, padel, salto de vallas, salto con pértiga, salto de altura, floorball, lanzamentos, xogos tradicionais, petanca e moitas outras cousas que deseguro non me acordo. Añadirlle a isto, que como obviamente vamos a ser técnicos deportivos non chegaba con só realizar e entender o deporte en cuestión, se non que tamén había que analizalo, entendelo e saber expresalo. Todo isto só en catro módulos!

Neste ciclo tamén me encontraría con outros módulos que ao mellor a moita xente non lle agradaría, como pode ser Fol ou Valoración, nos cales había exames, probas, traballos, exposicións; pero que sen eles non se aprendería nen a metade do que eu aprendín e aprendo.

En ese preciso instante, sen darme conta, a persoa que eu observara insegura e nerviosa, mudara en unha persoa segura de si mesma e contenta co que decidira, a súa cara volvérase brillante e con un gran sorriso na cara. Xa estaba así de ilusionado por empezar e eu nin acabara de contarlle todo!

Acabábase o tempo, por tanto narreille todos os viaxes que o esperaban, que si ir a Andorra a esquiar, que si ir a facer rafting a Arbó, que si ir en ruta de bici por Lugo...

En canto aos contidos, xa sabías que calquera cousa que se che ía a poñer por diante íbache a resultar novo pero emocionante, xa que o deporte é a túa pasión. 

Estes contidos trouxeronche unha gran amplitude de actividades que non esperabas, quen podía esperar que ti ías rematar esquiando en Andorra? Esta foi a actividade que gardas con máis cariño, a cal ao rematala querías volver a realizala. Xa que esta non foi só levar a cabo unha nova actividade e experiencia, tamén foi coñecer un novo país xunto a túa clase, clase a cal xa se convertira en amigos, en xente importante, onde ías pasar grandes momentos.

Con todo isto quero demostrarche que non sempre innovar trae malas pasadas, e este é o claro exemplo. Descubriches que esto gustáche, que sair da túa zona de confort faite máis forte, e o mellor de todo foi que o fixeches ca compañía de unhas grandes persoas, un grupo que che axudou, directa ou indirectamente, a integrarte nel e disfrutar de todo o recorrido. Porén temén foi grazas a min, unha persoa que foi mudando al largo do curso, e que grazas a súa valentía de expirementar un novo ámbito do que non estabas acostumado, e que resultou gustarche máis do que ti esperabas.

Tamén sucederon cousas malas, mais tanto te axudan sucesos malos coma bos, é dicir, sen eses acontecementos desfavorables non conseguirías avanzar e aprender, e todos eles son contrarrestados polos que si son favorables

Por iso, quen lle diría a Matías, un chaval que nin tiña 18 anos e que estaba moi nervioso por comenzar a vivir só e por coñecer un novo lugar, que disfrutaría tanto desta nova experiencia?

De súpeto o meu "eu" do futuro marchou, pero sempre quedará conmigo esa sensación e sentimento de inquietude e medo que tiña antes, ahora contrarrestado por un sorriso. Naquel preciso instante comprendino todo, naquel preciso instante algo estaba acontecendo dentro de min, algo extraño, algo que nunca antes me sucedera, pero que non me desagradaba


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Motivación y autoconfianza

 Para empezar, es necesario saber que es la autoconfianza. En este caso este concepto hace referencia al convencimiento que desarrolla una p...