Bádminton. Instalacións e material, regulamento, técnica e táctica

INTRODUCIÓN

O actual xogo de bádminton surxiu na India, onde se chamaba Poona, nome dunha poboación do país onde foi xogado orixinalmente, pero ao redores do 1873, algúns oficiais do exército británico observárono e resultoulle peculiar, o que fixo que o implantaran nas suas terras.

A medida que foron avanzando os anos, o badminton foi crecendo pouco a puedo ata que no ano 1985, ano onde creouse a federación española de badminton, empezou a crecer considerablemente ata chegar a hoxe en día.


Na actualidade a FESBA (Federación Española de Bádminton) fundada no ano 1985, é o máximo organismo nacional desta disciplina e é presidida por Andoni Azurmendi Ibarrolla. Se analizamos a traxectoria deste deporte no noso país unha persoa sobresae como un dos máis ilustres xogadores: David Serrano Vílchez, quen acadou sete campeonatos de España entre 1990 e 1996 e foi o primeiro xogador de bádminton español en participar nos xogos olímpicos de Barcelona (1992). 





Este deporte está fortemente dominado por os deportistas asiáticos: China, Indonesia e Corea do Sur.




Este deporte ten o obxetivo de conseguir que o volante (o móbil co que se xoga e que ahora direi ben o que é) toque o chan do equipo contrario impulsándoo ca tua raqueta

                                     


INSTALACIÓN E MATERIAL

A pista:

O bádminton é o deporte de raqueta máis rápido do mundo que pode ser xogado por dúas persoas ou por catro en parellas, cada un no seu lado respectivo da rede, xógase cun volante e nun campo  rectangular.

Este campo de badminton consta de unha rede e 4 zonas diferenciadas, dous cadros de saque dereito e esquerdo, repectivamente, en cada campo. Estas zonas sirven para executar o saque nas distintas modalidades, en individuales ou en dobres. As súas medidas son de 13.4 m de largo x 5.18 m de ancho para individuais e 13.4 m. de largo x 6.1 m. de ancho para partidos de dobles. A liña de fondo seguirá sendo a mesma, pero a liña de saque largo en dobres estará 72 centímetros por diante desta, a diferencia cos individuales que usaban a línea de fondo como línea de saque largo. No ancho do campo podemos observar tamén unha variación con respecto ao campo de xogo en individuales, engadíndose 42 centímetros por cada lado do campo. 


                                

                                                                    Campo de bádminton en 3D


Por outro lado, a rede sempre terá as mesmas medidas ( 6,1 x 0,76 metros ) en todas as disciplinas e a unha altura de 1,55 metros respecto ao chán. 

Este campo está constituido tamén por unhos postes de 1´10 metros de altura que estarán colocados nas líneas laterales de dobres do campo de xogo. As líneas do campo deben ser fáciles de distinguir e deben ter unha anchura de 40 milímetros.

Campo de bádminton en 2D


Volante: 

É un deporte particular xa que se xoga con un volante, que é un proxectil aerodinámico que utilizamos como móbil. Este volante pode estar constituido de diversos materiales, naturais ou sintéticos


Nesta imaxe podemos observar un volante natural. Como vemos este volante está formado por unha base de corcho e por 16 plumas fixas a base. As plumas que compoñen este volante teñen que ter unha lonxitude de 62 a 70 milímetros. Estas plumas deben de estar correctamente aseguradas a base con algún tipo de material, como pode ser un fio. 

A base de corcho debe estar entre os 25 e 28 milímetros de diámetro, con forma redondeada e pesando entre 4´74 a 5´50 gramos.. Trátase dun volante máis profesional polo simple feito de estar feito con material natural e de mellor calidade.  Este volante está formado por una base de corcho e por 16 plumas fixas a base. 




En cambio, nesta imaxe podemos observar un volante feito con materiais sintéticos. Neste caso está feito con plástico, aínda que a traxectoria do volante non é  tan boa como a dun feito con material natural é bastante bon para empezar a entrenar con principiantes.

O volante sintético pode presentar variacións  con respecto a algúns aspectos do anterior, pero non pode presentar cambios no diseño xeral, na velocidade e no vo do volante. Para poder comprobar que un volante está perfectamente regulado realízase unha proba de velocidade de este. Cómpre destacar que tamén require de golpes máis potentes para movelo o que pode supor un riesgo de lesión.


Raqueta:

A raqueta é a estrutura ou o aparello co que vamos a impactar e golpear o volante para conseguir propulsalo e mandalo ao campo contrario. As dimsensións da raqueta están definidas e establecidas por un regulamento. A raqueta pode chegar aos 680 milímetros de lonxitude e aos 230 milímetros de ancho e non pode ser modificada na forma ou no material de composición.



Respecto a este aparello, onde deberá ter ata un numero máximo de medidas (nombradas anteriormente), estas dimensións poderán ser inferiores as marcadas pola federación pero nunca poderán sobrepasarse.

A raqueta consta de cinco partes ben diferenciadas: 

- O mango. É a parte pola cal o xogador agarra a raqueta ca súa man e é por donde teremos suxetada esta para poder golpear o volante.

- O pau ou vara. Esta parte é a que conecta e une o mango ca cabeza. Esta parte ten unha gran lonxitude e hai que ter especialmente coidado con non torcela ou golpeala.


- A gorxa. Esta parte é a menos diferenciada da raqueta. A súa función é unir a cabeza desta coa vara ou o pau. En moitas raquetas pode existir a posibilidade de que non teñan gorxa e unan directamente a vara coa cabeza da raqueta, como podemos observar na imaxen anterior.

- A cabeza. É a parte que rodea a área das cordas. A súa función é servir de protección para a área de cordas e ao mesmo tempo serve de soporte pa estas.

- Área das cordas ou cordaxe. Esta parte da raqueta é ca que vamos a golpear o volante e está constituida por unha unión de cordas unidas entre si e protexidas e soportadas pola cabeza. Un terrmo importante é que esta parte debe ter unha superficie plana e non pode exceder os 280 milímetros de lonxitude e os 220 milímetros de ancho total. Os xogadores teñen que ter especial coidado co trato e co uso desta parte da raqueta xa que as cordas poden ser danadas ou rotas facilmente.





Vestiario:

O calzado, con suela antideslizante, debe estar reforzado polos laterais para permitir os movementos característicos propios desta disciplina deportiva. Con respecto a vestimenta debe ser lixeira e folgada, permitindo unha correcta transpiración e amplitude de movemento. 





REGULAMENTO:

Se observamos o regulamento, vemos que é moita a información que ahí temos, polo que o que farei é sitetizar a información e presentarvos os aspectos máis importantes e imprescindibeis deste deporte.

Hai varios aspectos e conceptos a ter en conta no regulamento de badminton, os máis importantes son os seguintes:

Para comenzar, é necesario saber que é un deporte o cal se xoga entre homes, entre mulleres e tamén de forma mixta; e a súa vez, tamén de forma individial e colectiva


                                          Bádminton mixto
                                                                         Parella mixta


                                          
                                                              Partido individual masculino


Partido individual femenino



Sorteo
Antes do comezo do xogo, realizarase un sorteo no cal salirá un gañador que terá o privilexio de decidir se prefire:

- Empezar sacando ou recibindo.

- En que lado da pista prefire empezar.

O perdedor do sorteo, deberá entón, elexir a opción non elexida polo contrincante. 



Tanteo
Un partido de badminton xogarase a 3 ao mellor de tres xogos, normalmente. Nestes xogos sumarase un punto cada vez que algúns dos lados consiga que o volante impacte na superficie do chan do campo contrario ou que este equipo cometa unha falta. Cada xogo remata cando algún dos dous lados acada os 21 puntos. Si os dous lados chegan aos 20 puntos empatados, o lado que consiga acadar primeiro unha diferenza de dous puntos ganará o xogo (22 a 20, 23 a 21...).

Existe a posibilidade de que os dous lados cheguen aos 29 puntos empatados sen conseguir ningún a diferenza de dous puntos, neste caso o primeiro que logre o punto 30 ganará o xogo. O último que cabe destacar no tanteo é que o lado que primeiro logre ganar un xogo, sacará primeiro no seguinte xogo.

Mentras tanto, os xogadores deberán cambiarse de lado ao final de cada xogo; ao final do primeiro e ao final do segundo (se existira un terceiro)






Cambio de lado e descansos
O cambio de lado é unha maniobra estipulada no regulamento oficial do badminton. Os xogadores deben cambiar de lado en varias situacións:
 
Cando se finalice o primeiro xogo, cando se finalice o segundo xogo (se hai que xogar un terceiro) e no terceiro xogo no momento que un dos lados acade os 11 puntos

Ademais, si por algunha situación os xogadores non cambian de lado e seguen xogando, estos deberán cambiarse de lado según identifiquen o error e o volante non esté en xogo, mantendo igualmente o tanteo.

Con respecto aos descansos, o primeiro descanso será no punto 11 (de cada set) e será unha pausa de 60 segundos e o outro descanso será no cambio de set e decir, no cambio de lado e será de 120 segundos.



Servicio
No badminton, o servicio e moi fácil, o sacador e o recibidor deberán estar perfectamente colocados cada un nas suas cuadrículas de maneira que se encuentren de forma diagonal ( tanto en dobres como en individual)

Para realizar un saque correcto hay que ter en conta os seguintes aspectos:

- Niguén pode tocar as líneas no saque e na recepción, pero se a pluma cae nunha linea, será puntuada como se caera dentro do campo. Ademais ten que caer por diante da linea que se atopa a 1.98m da rede (liña de ataque)

- Ningún dos dous lados debe retrasar indebidamente o saque unha vez que o servidor e o receptor estén listos ou preparados.

- O sacador e o receptor correspondentes deberán estar colocados nos cadros de saque diagonalmente opostos sen tocar as líneas que delimitan estos cadros de saque.



Ademais, o saque ten que realizarse por debaixo da cintura

                                                       


A continuación, falarei sobre os aspectos que varían neste ámbito nas modalidades de individual e dobres:

-Individuais: primeiro debemos saber como é o saque, entón e importante saber que o xogador que saque e o xogador que reciba deberán estar colocados na cuadrícula da súa dereita sempre que o partido non leve ningún punto ou que os puntos gañados polo sacador séan pares.

En cambio, se esta suma de puntos fora impar, tanto o sacador como o recibidor deberán colocarse no rectángulo situado na súa esquerda

Por último, con respecto o tanteo en individuais, se o sacador consigue gañar o punto, este sumaráselle ao seu marcador e seguirá sacando pero si o que resta consigue anotar un punto, o punto irá ao seu marcador e comezará o seu saque.



Se o sacador falla o saque, será punto para o seu adversario e será el o que teña que sacar

-Dobres: referíndonos ao saque na modalidade de dobles, é prácticamente igual que na modalidade de individual pero temos que saber que ahora xa no somos 1 xogador contra outro, se non que somos 2 parellas; por tanto, cando comeza o partido escóllese que xogador da parella se encarga do saque e cal da recepción. O xogador encargado do saque sitúase á dereita do campo e o que recibe á esquerda (respecto a nos). Os outros dous xogadores deben colocarse sen bloquear a visión dos xogadores implicados na recepción e no saque. 



Se o equipo que realiza saque anota punto volve a realizar saque o xogador que o fixera anteriormente, no lado esquerdo ou dereito, dependendo de se a puntuación é impar ou par. Os receptores manteñen a súa posición. 

Se o equipo que recibe suma punto, pasa a realizar o saque. Realiza saque o xogador que se atope no lado do campo correspondente segundo puntuación par ou impar, e se estes volven anotar un punto sacaría o mesmo xogador que o fixo no anterior punto, pero esta vez dende o lado que lle corresponda (será no que non sacou antes)

Puntuaxe: no saque, como xa dixen anteriormente, e nunha xogada normal, o volante ten que tocar o chan, e se cae nunha liña considérase dentro. Considérase punto para o equipo contrario:

- Se o volante cae en propio campo. 
- Se ao lanzar o volante, este cae fóra de campo.
- Se o volante pasa por debaixo da rede.
- Se o xogador toca a rede ou invade campo contrario coa raqueta ou co propio corpo. 
- Se un xogador golpea dúas veces o volante. 
  toca a rede ou invade o campo rival e punto rival, tamén se cae fora e punto para o contrincante.




Técnica xeral:

Neste punto vou falar das técnicas indispensables para poder competir da mellor maneira posible e sendo consecuente do que se fai.

En primer lugar teremos que agarrar ben a raqueta xa que se non o facemos se nos pode escapar e golpear, polo que o agarre debe ser firme pero non moi rixido e o dedo gordo irá entre o indice e os demais pero envolvendo a empuñadura.



Seguimos coa posición xeral básica, a cal e moi importante xa que nos axuda a ter a raqueta nunha posición a cal permitenos chegar a pluma sen ter que facer tanto movemento co brazo, tamén ao estar unha leve semiflexión de xeonllo somos mais explosivos que totalmente erguido.



A posición do corpo vai ligado a un movemento que sempre se debe que facer, a volta rápida ao centro da pista. Esto é moi importante, xa que se non se volve rápido quedamos moi expostos, xa que  todo o campo esta baleiro, polo que temos que volver ao medio da pista para poder seguir xogando sen dar tantas oportunidades ao rival.



Técnicas de golpes e traxectorias:

Comenzo nombrando os tipos de saque que hai, longo e curpo. Estos dous saques podense facer cun agarre tanto coma do revés coma do dereito, polo que hai duas trayectorias ven marcadas.

O saque curto, debe ser moi pegado a red, pero sin tocala xa que se a tocamos o volante verase freado e caerá antes da liña dos 1,98 metros, polo que intentaremos facelo o mais xusto posible pero que non toque a rede e que o volante caiga despois desta liña.

Non o podemos facer moi alto nin moi largo xa que o rival terá ventaxa e fará un punto sinxelo debido a mala realización do noso saque.

                                                               Saque corto de revés


Neste video vemos unha execución perfecta de un saque corto, así como un guía rápida para tentar de executalo de unha forma correcta e mellorar a propia técnica.

O saque largo tamén poderase facer cun agarre do dereito e do revés, este saque deberá ter unha trayectoria ascendente ata a metade da pista mais ou menos e logo baixar moi rápida e verticalmente no fondo da pista.

  

Na modalidade de dobles debemos ter un especial cuidado con esta execución debido a que o espazo de saque é máis corto, polo que a execución deberá ser moi boa.



Igual que para o saque corto, para este tipo de servicio tamén indaguei un video para observar ben esta execución da mellor maneira posible.





Tipos de agarre:

-Dereito.




- Revés:



Agora pasamos aos golpes e trayectorias os cales clasifícanse en dou grupos. Os golpes defensivos e os ofensivos.

-Golpes defensivos: neste grupo encóntranse o lob e o clear

Comezo polo clear. Este golpe realízase dende o fondo da pista co volante seguindo unha traxectoria parabólica moi elevada  dende o final da  propia pista ata a parte posterior da pista contraria. Con este golpe búscase desplazar ao contrario ata o fondo da pista deixando aberta a parte dianteira do campo e ademáis o xogador que executa este golpe busca recuperar a sua posición central, cubrindo todas as zonas da pista. Vexamos un exemplo:


Clear (golpe por encima da cabeza)


Ademais, existe outro golpe defensivo, o lob. Neste caso o golpe efectúase preto da rede, na parte dianteira da pista, e vai dirixido hacia o fondo da pista do rival. Execútase a baixa altura, de dereita ou do revés, e segue unha traxectoria parabólica. Con este golpe búscase enviar ao rival ao fondo da pista e recuperar a posición. É polo tanto un golpe empregado para dificultar e ralentizar o ataque do rival e para posicionarse para recibir o próximo golpe, en caso de atoparse fora de posición. Vemos un exemplo:




-Golpes de carácter ofensivo: atópanse o smash a deijada alta ou baixa e o drive

O smash e o golpe ofensivo por excelencia, debe ter unha trayectoria únicamente descendentes dende o golpeo ata o chan, coa finalidade de rematar o punto o máis rápido posible. Vemos un exemplo:




Smash, normalmente con salto


Drive: é un golpe ofensivo pero con unha  caracteristica moi especial, o un golpe cunha traxectoria moi paralela ao chan en case todo o golpe, menos ao final que vai quedandose sen forza e comeza a caída da pluma

Drives repetidamente (exercicio realizado na clase)

Pódese facer de dereito e de revés, coma no vídeo. Ten que ser moi rápido e o máis pegado a red que se poida para sorprender e non dar tempo ao rival.


                                                                Traxectoria do drive


Deixada alta/baixa: 

Este golpeo é moi efectivo se se fai no lugar e momento preciso, xa que senon e así e un golpe moi  facil de defender debido a sua baixa velocidade, pódense facer dende arriba ou dende abaixo.


Vemos que durante este fragmento do partido, execútanse deixadas altas (a primeira e a última) e tamén deixadas baixas (as outras dúas)


Por un lado, a deixada baixa e que aparece na segunte imaxen, é un golpe que e moi utilizado pola maioría dos profesionais. O golpe adoptase ser utilizado co revés, pero pode ser tamén executado coa dereita. O golpe é moi simple, onde a raqueta deberá ter a cara mirando hacia arriba e as pernas deberán estar flexionadas e abertas. O golpe deberá ser moi suave, pois o obxetivo deste é que o volante pase o mais pegado a rede para que o outro xogador se vea obligado a acercarse moito a rede. A trayectoria e descendente, polo que é un golpe mais de muñeca e control.


       Deixada baixa



Por outro lado, con respecto a deixada alta, vemos que é un golpe leve, o mínimo posible para que unicamente pase a rede e caiga verticalmente moi rápido. O golpe deberá ser moi suave, pois o obxetivo deste é que o volante pase o mais pegado a rede para que o outro xogador se vea obligado a acercarse moito a rede. A trayectoria e descendente, polo que é un golpe mais de muñeca e control.




Nesta imaxe máis que a traxectoria (que tamén) veise moi ben punto de impacto e o momento do golpeo


O golpe número 1 é o primeiro falado anteriormente (deixada alta) e o golpe número 2 é o segundo comentado antes (deixada baixa)


Traxectorias de todos os golpes comentados




Táctica:

Para empezar vamos a decir o que significa este concepto no ámbito do deporte para entender do que vamos a falar.

Este apartado e moi importante xa que a táctica que se leve no partido, terá un papel fundamental.

Durante un partido, os xogadores deberán emplear unha táctica o incluso varias para poder levarse a victoria. Polo que a táctica é aquela maneira de emplear todas as nosas ferramentas (teóricas, técnicas e psicolóxicas) de maneira inminente para a consecución dun obxectivo;  neste caso, a vitoria respecto ao rival  a través da consecución de puntos nos distintos sets.

O espazo e importante sempre, xa que se non estamos ben colocados ou o rival non o está, seranos mais doado facer punto. Polo que sempre debemos volver ao centro da pista pata ter unha posición neutral, se vemos que o rival está nunha mala posición debemos golpear ao sitio mais afastado del.


O obxeto é primordial (a pluma). Xa que se vemos que o rival fai un golpe mal elexido o cunha traxectoria erroneea, debemos facer unha vola elección para poder puntuar. Se a traxectoria e alta e corta deberemos facer un golpe ofensivo definitivo, o smash.



O xogador, neste punto a expeciencia xogará un papel fundamental. Se animicamente está ven, deberemos xogar con máis calma e pensando máis os movementos xa que nese estado o rival xogará de forma máis desordeada. E se fisicamente está mal xogaremos con máis velocidade e explosividade no xogo, para así aproveitar as suas condicions físicas.


Hai moitas e variadas tácticas neste deporte, como por exemplo os sistemas nombradas na imaxe, pero xa os trataremos máis tarde.


Este apartado complexo como é a táctica vámolo dividir, a parte dos tres puntos comentados antes, en táctica na modalidade de individuais e táctica na modalidade de dobles

Táctica en individuais:

A táctica na disciplina de individuales poderá varias según as capacidades do noso contríncante o incluso das nosas. Hay moitas tácticas que se podén emplear pero as más comunes serían por exemplo:

- Forzar o revés ou o golpe que ten mas coomplicación para o noso rival
- Volver ao centro tras cada golpe
- Xogar unha deixada e logo un "lob", asi poderemos conseguir mover moito ao rival

Pero tamén existen tipos de tácticas para a disciplina indiviual, as cales son ensayadas e practicadas durante todo o partido. Neste apartado podemos destacar 4 delas:

1. Catro esquinas: Enviaremos o volante as catro esquinas para así dificultar ao rival.



           Estratexia das "Catro esquinas" e de volver ao centro tras cada golpe

2. Xogo cruzado: Mandaremos o volante o máis alexado posible do noso adversario coa utilización de golpes como o "lob" e a "deixada". Ou simplemente utilizando o golpe de drive para movelo á esquerda e a dereita.


3. Repetición, por exemplo golpeando seguidamente ao lado non dominante do adversario

4. Finta e contrapé: Consiste en cambiar de tipo de golpe xusto antes de darlle ao volante para así tentar que o noso contrincante sea engañado.

Todas estas tácticas non se deberán seguir xusto como están marcadas, senón que nos servirán para poder xuntar varias delas ou incluso crear a nosa propia partindo de algúnha destas.

O saque tamén entra dentro da táctica dun xogador, xa que é o primeiro golpe e do cal pode determinar como será ese mismo punto.

 No saque encontramos o saque corto, onde intentaremos que o noso rival se vexa obligado a ter que facer un "lob" para poder devolver o servicio. Mentrás que, no saque largo, a nosa intención será que o rival teña que rotar hacia detrás e realizar un "clear" e así levar ao noso rival ao fondo da pista e poder facerlle unha deixada ou o que se considere oportuno.



 
Táctica en dobres:

Nos partidos de dobres, a táctica xoga un papel fundamental e determinante que pode provocar un dominio no xogo.

Dependendo das circunstancias que se encontren no partido e da maneira que queiran xogar as parexas, podemos diferenciar uns 3 tipos de colocación na pista:

1. En paralelo: Onde ambos xogadores da parexa atoparanse na metade de campo de forma paralela. Esta posición a utilizamos de maneira defensiva, xa poderá ser porque os nosos rivales sacarón ou dominan o partido. Esta posición e moi segura debido a colocación que ten, xa que ao estar no medio da pista e facil chegar a todos os golpeos posibles pero ten una desventaxa, al cal nos fai perder eficaciá nos golpes.

2. Mixto en rotación: É un conxunto dos anteriores, pero o cal consiste en rotar dunha posicion defensiva a unha atacante, ou viceversa, no mesmo transcurso no punto.  

3. Diante-atrás: É similiar ao anterior, un colocase na parte dianteira da pista e o outro na traseira. Esta posición e aquela que se una para atacar, xa que o xogador que atópase detrás, ten como obxetivo que o seu contrincante envíe un golpeo o suficentemente corto para que o seu compañeiro, o cal se atopa diante, poda rematar e acabar o punto. É unha posición moi boa pero ten o inconveninte de que como os rivales tiren un punto polos laterales, e complicado chegar a salvalo.


Ahora xa entendemos o significado desta imaxe


Neste pequeno fragmento sacado dun partido de dobres, pódese observar como o lado que ataca esta colocado na formación Diante-atrás e no outro lado o equipo defensor, utilizando a posición en paralelo, consigue defender con éxito os golpes dos contrincantes. 



Outras tácticas especializadas no ataque utilizadas de forma moi habitual a parte das comentadas anteriormente:

- En dobres, o xogador máis potente se coloque atrás e o xogador máis rápido e áxil máis adiante para chegar ao volante.


 - Ademais, é moi efectivo buscar os pes do rival para dificultar o seu golpeo.



- Evitamos as actuacións apresuradas e irracionais. Debemos ser conscientes de todos os nosos  movementos  e as súas consecuencias no xogo. (aspecto ofensivo-defensivo).

- También hablaré de algún apecto defensivo (a parte de los de antes) como que debemos buscar a defensa de todas as áreas do noso campo, especialmente aquelas zonas que resultan máis receptivas a un posible ataque. (aspecto defensivo)

- Debemos ter en conta cales son os puntos débiles do rival e saber aproveitar a situación. (aspecto ofensivo). 


VIDEOGRAFÍA:




BIBLIOGRAFÍA:




O resto de imaxes son buscadas por Google


Artículos e páxinas onde busquei información para a táctica: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Motivación y autoconfianza

 Para empezar, es necesario saber que es la autoconfianza. En este caso este concepto hace referencia al convencimiento que desarrolla una p...